OS BOLECHAS VISITAN UN ANO MÁIS O CPI UXIO NOVONEIRA PARA PRESENTAR O 112

O 5 de outubro inauguramos no cole as actividades extraescolares e complementarias despois de moitos meses, con todas as medidas de seguridade e grazas á colaboración de edicións Bolanda e da Axencia Galega de Emerxencias, que nos fixo chegar os rapaces e rapaza de 1º a 3º de Primaria a mensaxe dun dos nosos Bolechas favoritos, Braulio, que este ano non nos visitou pero que grazas ás novas tecnoloxías nos trasmitiu a importancia de facer un uso responsable do 112, un servizo esencial e importantísimo para axudar ante as emerxencias, pero do que non todo o mundo sabe facer bo uso. Así, o alumnado do grupo de 1º a 3º de Primaria xa está perfectamente preparado para diferenciar cando e en que situacións se debe chamar ao 112 e qué datos debemos facilitar para axudar a que esta tarefa se faga de forma correcta e eficaz.

Ademáis levamos un agasallo literario para axudarnos a aprender sobre o 112, do que temos unha morea de información na web educativa www.https://osbolechas.gal/112