FESTIVAL FIN DE CURSO

E cando parecía imposible, para profes, alumnado e familias de Pedrafita non o foi! A pesar do confinamento tivemos festival de fin de curso, un pouco máis lonxe do que estamos acostumados pero a plataforma Webex fíxoo posible! 
Co noso presentador estrela Benja, que nos animou durante máis de dúas horas vimos as actuacións espectaculares dos rapaces e rapazas de Infantil que, co traballo das profes Melina e Bea, nos bailaron a canción de Uxía Lambona "Esto baílase así" e a rapazada de Primaria coa profe Bea "Unidos de corazón".

Polo medio incluso tivemos un concurso, no que como é habitual Xiana se proclamou como gañadora, adiviñando a que profe pertencía cada foto de pequeno/a e algunhas das obras de arte imitadas polos rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º de Primaria. Con tanta arte non podía faltar, aínda que tivese que ser máis breve do habitual, a obra de teatro de Javi coa colaboración de 3º e 4º de ESO "Confinados".

Xiana e Javi tamén nos deixaron unhas verbas en Latín que nos fixeron rir a todos/as.

Pero a actuación destacada do festival sen dúbida foi a que Xiana nos fixo en directo, ARTISTAZA!

Polo medio, incluso a dire levou algunha sorpresa, con vídeos non previstos no guión:

video rocio profes from Rocío Méndez Penela on Vimeo.

E chegou o momento emotivo, as despedidas, que como se recollen nos vídeos non son adeus, senón ata logos, con moitas cousas pendentes de compartir. Juan, que tras oito anos e unha profunda pegada no cole, cambia de cole e Xiana que, como coincidimos todos foi medrando en moitos aspectos e madurando dunha forma admirable, pasa ao instituto para facer BAC. Os nosos vídeos pretenden desexarvos todo o mellor  e recordar algúns dos momentos que compartistes con nós.

juan from Rocío Méndez Penela on Vimeo.

 

Finalizamos con Julián e a súa espectacular actuación que nos fixo rematar da mellor forma de todas...cun sorriso! 

WhatsApp Video 2020-06-18 at 14.18.40 from Rocío Méndez Penela on Vimeo.

Moitas grazas a todos e todas, polo traballo, pola implicación, por estar... BO VERÁN!!