XOGADE PARA PRIMARIA: PIN PON EN BECERREÁ


Aproveitando que a infraestructura xa estaba montada, o xoves 13 de febreiro tocoulle a Primaria facer uso das instalacións de Becerreá para o torneo de pin pon entre os centros da montaña. Acompañadas polo profe Benjamín, Uxía e Laura xogaron como auténticas campionas e chegaron ás respectivas finais individuais. E, como de deporte se trataba, Rocío deulle o relevo ao profe e ata mediodía extendimos un encontro cheo de compañeirismo e deportividade.