DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA


O 11 de Febreiro conmemoramos o Día da Muller e da Nena na Ciencia pero o traballo viñémolo desenvolvendo semanas atrás dende o Departamento de Física e Química que preparou con todo o alumnado de ESO unha táboa periódica de mulleres científicas que decora agora os nosos corredores. Ademais o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria preparou en Plástica unha homenaxe a Jane Goodall e a súa paixón polos chimpancés decorando a entrada do centro cunha árbore da que penduran estes animais facendo un breve relato da súa vida. Tamén colaboramos coa biblioteca buscando obras que reflictan as aportacións de mulleres á ciencia.