25N: O CPI UXIO NOVONEIRA REXEITA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro conmemoramos o Día Internacional para Eliminación da Violencia de Xénero. Comezamos co manifesto que nos leu Sofía condenando a violencia machista así como o silencio que nos fai cómplices. Logo cada un e unha de nós, tanto profes como alumnado pegamos no mapa de España as vítimas desta violencia no ano 2019, que son xa máis de 50. É impactante ver cómo se vai enchendo o mapa coas imaxes.
Despois Jesús e David de 1º ESO representaron unha obra de Mª Xose Queizán, unha importante escritora feminista galega, no que se reflexiona sobre a violencia machista.
Por último, diríximonos a Infantil para ver todas e todos xuntos o vídeo no que participamos varios centros de Galicia #equaliter, iniciativa do CEIP de Abadín, no que recitamos fragmentos de cancións en contra da violencia de xénero.