ESTRENO NOS CODEX (LUGO) CON OLIVER LAXE DA PELÍCULA "O QUE ARDE"


E continuando coa nosa quincena de saídas hoxe xoves, 17 de outubro, o alumnado de ESO visitamos os cines CODEX para ver "O que arde" a película de Oliver Laxe premiada no Festival de Cannes e que acumula unha morea de críticas positivas. O seu contido versa sobre Amador, un home que sae da cárcere tras cumprir condena por provocar un incendio e regresa ás montañas lucenses coa súa nai, ata que, casualidades, un lume violento arrasa a zona. Contamos coa presenza do director para responder ás nosas preguntas e incluso sacar unhas fotos con nós. Mágoa ter que regresar rapidamente para poder ter clase pola tarde.