EXPER-I-CIENCIAS E MOITA BIO-DIVERSIÓN NA MONTAÑA LUCENSE

O martes 4 de xuño de 2019 o CPI de Pedrafita tivo unha visita cargada de ciencia. Nieves Vidal, unha investigadora do CSIC (Consello superior de Investigacións Científicas) acercouse dende Compostela ao centro para intentar despertar as inquedanzas e a curiosidade dende as primeiras idades pola ciencia á par que, o agarimo pola natureza e o respecto por ela.  As actividades enmárcanse dentro dos programas Exper-i-ciencia (para Infantil e Primaria) e Biodiversión para ESO. Ademais con esta actividade aproveitamos para recordar a importancia do coidado do Medio Ambiente na víspera da conmemoración do seu día mundial.
Nuria empezou por traballar coa actividade “Un bosque no peto” cos rapaces e rapazas de ESO, un grupo variado de todos os cursos da ESO de tan só 8 alumnas/os que foron os primeiros en sentirse científicos e científicas por un día participando na creación de medios para o cultivo de árbores in vitro que se poden levar precisamente nun tarro que colle nun peto, neste caso ademais, árbores presentes nos nosos bosques galegos coma castiñeiros, sobreiras, ameixeiras, etc. Ademais puideron sementar os seus propios tarros unha vez conseguido o medio coa axuda do microondas.
Despois traballaron en dous pequenos grupos os rapaces e rapazas de primaria na actividade “Un bosque viaxeiro” coa que tiveron a oportunidade de sementar nos tarros que Nuria preparou para o cultivo in vitro cunha especie de xelatina composta por sales minerais, agar, auga e hormonas; tamén lles permitiu trasplantar na terra algunha planta da que serán responsables de coidar durante os vindeiros cursos pero especialmente durante os primeiros momentos.
Por último, os rapaces de Infantil puideron recibir a visita de Nuria para falar das árbores que máis lles gustan, das que coñecen, das froiteiras pero tamén das árbores do bosque. Durante os 30 minutos da actividade puideron ver e tocar as follas, pintar con elas caras felices coma eles durante o desenvolvemento deste pequeño obradoiro, tocar o agar (que é coma unha xelatina para o cultivo) ver como funcionan os frascos de cultivo que funcionan con impulsión de aire, incluso practicaron isto con globos e un bombín para inflalos, experimentando ao igual que o resto dos grupos, segundo a idade, os movementos dos líquidos e gases dentro dos recipientes de traballo.