SAÍDA DE INFANTIL E PRIMARIA A FRIOL: FORTALEZA DE SAN PAIO DE NARLA


Os rapaces e rapazas de infantil e primaria visitamos este venres, 3 de maio, a Forataleza de San Paio de Narla en Friol. Encantounos visitar un castelo medieval ao tempo que nos ían explicando a lenda que explica a súa historia, que se remonta polo menos ao século XIV, ainda que non se coñece exactamente, e din que aínda está habitado por princesas, fadas, bruxas, príncipes,... ou polo menos eso nos pareceu ver a nós! No seu interior puidemos camiñar polas súas habitacións antigas, cociña, bodega, cortes e na súa parte alta alberga unha antiga cheminea que agocha unha sorpresa que a máis de un fixo pegar un berro. Nesta planta tamén hai unha terraza dende a que se pode contemplar unha fermosa panorámica da localidade.
Deunos moita pena non poder investigar máis sobre esta fortaleza, pero chegou a hora de comer e xogar un pouco antes de retomar o camiño a Pedrafita, non sen antes tomar uns xeados agora que volveu o sol.