CONTACONTOS PARA A IGUALDADE

No día do libro tivemos a sorte de ter tamén unha sesión de contacontos para todos e todas as alumnas de Infantil e Primaria, como parte do progama de Innovación "Donas de sí". Dentro da colección Mulleres galegas da editorial Lela escoitamos por parte de Enrique Muricio e Tania Solla (autor e ilustradora de libros desta colección) a biografía de Ángeles Alvariño, unha oceanógrafa e bióloga ferrolá, que foi a primeira científica que viaxou nun buque de investigación británico e descubridora de 22 especies de zooplancto. A ilustradora ademais de deixarnos unha ilustración para colorear axudounos a facer os nosos propios retratos de Ángeles Alvariño e unha nova especie marítima que cada un e unha de nós poderiamos descubrir.