VIAXE A ROMA DE SECUNDARIA


O mércores 3 de abril madrugamos con moita ilusión, aínda que admitimos que con bastante preguiza. Partimos cara Roma ás 6 e media da mañá para coller o avión dende Madrid as 15:00 horas; para case todas nós por primeira vez. Acompañados e acompañadas polos profes Sico, Javi e Rocío chegamos ao hotel onde nos acomodamos antes de saír a dar o noso promeiro paseo por Roma para facernos unha idea de todo o que nos agardaba: Columna de Traxano, Foro, Panteón, Fontana de Trevi, Piazza Navona e Piazza do Esquilino. Ademais tivemos o noso primeiro contacto coa gastronomía italiana que nos sucesivos días estaría cargada de pasta, pizza, xeados, lasañas e canelóns, etc.

O segundo día, a nosa primeira mañá en Roma, iniciouse moi cedo, coma todas as que se sucederían; ás 7:30 estabamos almorzando para poñernos en marcha sobre as 8:15. Foi un día chuvioso pero permitiunos ver o previsto no programa: foros (cos arcos de Tito e Septimio Severo), coliseo, museos Capitolinos, ruinas do Circo Máximo, , a Sinagoga que ten a particularidade de ser o meirande lugar de culto xudeu de Europa e puidemos facer un pequeno paseo pola illa Tiberina. Encantounos o lugar elexido para cear e botamos unhas risas ata a hora de retornar ao hotel que tocaba recuperar forzas.

 O terceiro día trasladámonos á zona do Vaticano, quedamos ser ver o Castel Sant´Angelo por uns imprevistos coa documentación, pero pasamos gran parte do día paseando polos Museos Vaticanos, observando a Capela Sixtina (aínda que a primeira vez pasamos por ela sen sabelo) e pola Praza de San Pedro e parte da basílica. 

O sábado empezámolo a un nivel máis baixo do habitual, visitando as catacumbas de San Calixto, por suposto con guía porque semellante labirinto podía ser motivo dalgún susto. De alí, regresamos a Roma para visitar varias basílicas: San Xoan de Letrán, San Clemente e Santa María Maggiore, ademais de Santa María Sopra Minerva, algo diferente o que levabamos visto ata o momento. Antes de cear paseamos polas animadas rúas de Roma, especialmente na fin de semana.
O domingo, penúltimo día, visitamos a cripta dos capuchinos en Santa María della Conzeccione, que nos deixou a todos e todas boquiabertas coa sensación de como podía facerse un uso ornamental dos ósos. Pola tarde tivemos un rato libre dentro do Bioparco (Zoolóxico de Roma) mentras os profes visitaron a Gallería Nazionale de Arte Moderna. Despois todos xuntos visitamos a Piazza di Spagna antes de cear, tocaba cerca do hotel para empezar a facer as nosas maletas.

O último día madrugamos para deixar todo recollido e feito o check out e poder subir a Cúpula de San Pedro, dende onde teriamos as mellores vista de Roma, e visitar as criptas coas tumbas dos Papas. Un descanso e camiño ao aeroporto. Tocaba, con moita pena, regresar a casa. Eso si, moi agradecidos por todo o esforzo feito polo profe Javi para conseguir que esta viaxe merecese tanto a pena e puidesemos aprender e disfrutar tanto.