SAÍDA A LUGO PARA VISITAR AS TERMAS ROMANAS E PASEO POLO PARQUE FLUVIAL DO MIÑO


Finalizando o primeiro trimestre fixemos unha pequena escapada para relaxar as nosas cabezas e exercitar o noso corpo facendo unha pequena camiñata de 3 km polo Paseo Fluvial do Río Miño en Lugo. Polo camiño fixemos unha parada para visitar as Termas Romanas no Balneario, onde aprendimos como ule o azufre. Pero o mellor foi chegar ao parque cercano ao Pazo de Feiras e Exposicións, corrimos, xogamos, rimos, comemos,... en definitiva, pasámolo fenomenal e collemos impulso para finalizar o trimestre.