CINE EN LUGO CO COUREL: BARBACANA


O xoves día 14 de marzo continuamos de ruta. Visitamos a cidade lucense para ver Barbacana, unha produción española de Arturo Menor rodada entre 2016 e 2018. Nela tres historias entretécense. Por un lado trata de filmar aos lobos en plena natureza, por outro a vida dunha manada (asistindo ao nacemento de novos cachorros, a vida cotiá do clan, etc.) e por último unha achega á realidade social do lobo, coas paixóns e odios que levanta, con gandeiros a favor e en contra.
Despois do cine, dende os reabertos cines Codex (antigos Yelmo) desprazámonos As Termas para cenar algo antes de regresar para Pedrafita. O autobús dará para moitas reflexións, ollade o trailer de Barbacana: