CHARLA DO PLAN DIRECTOR DA GARDA CIVIL SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO

O día 12 de marzo viñeron a visitarnos Verónica e Ramón, responsables de traballar a temática de violencia de xénero dentro do Plan Director na provincia de Lugo.

Ofrecéronnos unha charla para o alumnado dos últimos cursos de Primaria e toda a etapa da ESO na que puidemos coñecer cales son as diferenzas entre a violencia de parella e a violencia doméstica, descubrir os mitos do amor romántico, romper cos estereotipos que marcan as diferenzas entre homes e mulleres, coñecer cales son os factores para identificar unha relación de parella tóxica, analizar os perigos da rede e da difusión de datos ou fotografías doutras persoas así como a importancia do consentimento mutuo e expreso nas relacións, NON é NON, SI é SI.

Por último, analizamos as letras de cancións de diferentes estilos que nos están a transmitir  mensaxes que atentan contra a igualdade entre homes e mulleres e contra a liberdade persoal,  incitan a violencia como resposta a un conflitoe preséntannos ás mulleres como obxectos ou premios, sen poder de decisión, indefensas e sumisas.