SAIDA DOS DPTOS. DE XEOGRAFÍA E LINGUA E LITERATURA GALEGA: TEATRO GRECOLATINO EN LUGO

Aínda ben non chegamos do País Vasco, o Teatro Grecolatino en Lugo moveunos de novo de Pedrafita. Coa compañía de Marisa e Javi asistimos ás sesións de Teatro Grecolatino en Lugo, no auditorio Gustavo Freire, para ver Troyanas de Eurípides e Anfitrión de Plauto. Despois da primeira sesión aínda demos un paseo para abrir o apetito e o cole invitounos a unha comida ben xeitosa na Cambalache antes da sesión de tarde.