ENTROIDO CON NOME DE MULLER


Este ano a temática do Entroido, aproveitando os tres plans de igualdade que estamos realizando, foi "Mulleres relevantes na historia" en diferentes campos, dende escritoras, científicas, activistas, deportistas, ... amosando como a presenza de mulleres abarca todos os campos aínda que non sempre se visibilicen ou non teñan a suficiente presenza. Tras as fotos de rigor baixamos para a nosa tradicional volta polo pobo, que as nosas familias estaban impacientes por vernos! Na praza do Concello os alumnos e alumna de 6º leron o Pregón dando inicio ao Entroido e de regreso ao centro Martín e Rubén de 4º de ESO fixeron o propio co Testamento que como cada ano nos adica Javi a todos e todas as que formamos parte do centro.