I CONGRESO CIENTÍFICO NA MONTAÑA

 
Por fin tras a suspensión polo temporal de neve o venres 1 de febreiro este mércores 6, recibimos no centro aos CPI da montaña: Seoane, Cervantes e Navia para poder celebrar o I Congreso Científico da Montaña no que o alumnado de Secundaria presenta o seu traballos de investigación científica realizados nas últimas semanas cos seus profesores e profesoras de Física e Química ou Bioloxía, que foron os organizadores desta xuntanza que esperamos repetir moitos máis anos. Foi moi interesante escoitar a cada grupo presentar proxectos tan diversos, dende os antibióticos naturais ata cuestións de robótica ou enerxías alternativas. E por suposto unha gran oportunidade para a convivencia entre toda a rapazada da comarca e contando coa presenza incluso de personalidades importantes no mundo da ciencia como é José Vicente López Bao que veu dende Oviedo para contarnos a súa experiencia. Esperemos que esta xuntanza se convirta nunha costume.