SAIDA DE INFANTIL E PRIMARIA AO CINE E ÁS FORMIGAS DE SAN CLODIO

No 2019 continuamos coas actividades conxuntas cos centro máis próximos, como o CEIP de As Nogais, e con eles e elas nos fomos ao cine no CC Abella para ver a película "Ralph rompe Internet" que algún e algunha xa viramos pero que repetimos encantados/as. Despois de comer os nosos bocatas arrancamos camiño Outeiro de Rei a un fantástico conto titulado: "Érase unha vez... as formigas de San Clodio", no que as protagonistas como o seu nome indica son as formigas, elaboradas con plásticos de silo e no que había que fixarse en todos os detalles: imaxes das sinais, o formiga-radar, o bus escolar, o coche do formiga civil de tráfico, etc. Pero non so atopamos formigas senón que tamén atopamos terroríficos animais polo camiño, túneles segredos, toda unha aventura que nos encantou desfrutar antes de regresar aos nosos respectivos coles. E a próxima convivencia para cando?