UN PLANETARIO DENTRO DO COLE

E a ciencia chegou a Pedrafita grazas a Teresa Seijas e o seu amor pola ciencia e por facela chegar aos rapaces e rapazas dende as idades máis temperás a través do seu proxecto Ciencia Kids, nesta ocasión cun hinchable en forma de Planetario. Os nenos e nenas de Pedrafita entraron por unha pequena abertura a un mundo científico inimaxinable dende fóra a través dun proxector que nos permite saber de que están feitas as nubes, cómo se forman as gotas de auga, en qué consiste o cambio climático, etc. Grazas Teresa por acercarnos á alta montaña o mundo científico e polo compromiso que amosas por facilitar a todos os centros o aceso a este tipo de contidos.