APRENDEMOS A USAR O DESA E A FACER RCP

Hoxe tivemos no cole a visita de Miguel Cons da Universidade de Vigo que se acercou a Pedrafita para explicarnos a profes e a alumnos e alumnas de todos os cursos o funcionamento dos DESA ou desfibriladores así como os pasos para realizar a RCP en adultos e nenos/as. Con toda a paciencia do mundo explicounos moitísimas nocións de primeiros auxilios: a importancia da consigna PAS (Protexer-Alertar-Socorrer), o teléfono de emerxencias, as maniobras a realizar ante atragantamentos, que facer ante as hemorraxias, con que debemos contar nos botiquíns dos centros escolares, etc. Aínda que non queremos ter que practicar todo o que nos explicou, estamos moito máis preparados ante unha emerxencia. Moitísimas grazas!