DÍA INTERNACIONAL DA DIVERSIDADE FUNCIONAL


O día 3 de decembro conmemórase o Día da Diversidade Funcional, unha pequena mostra do camiño de loita pola igualdade real sexa cal sexa a nosa condición persoal, porque todos e todas somos diferentes e cada un/unha de nós ten moito que aportar aos demais. Con esta mensaxe clara na nosa cabeza diríximonos o día 4 a COGAMI en Lugo; COGAMI significa Confederación Galega de Persoas con Discapacidade e é unha entidade que presta recursos e servizos de ocio, traballo social e emprego ás persoas con diversidade funcional, especialmente de tipo físico. A COGAMI acoden para rehabilitación físico-cognitiva e realización de obradoiros e traballo de habilidades sociais e para a vida diaria.


Mentras tanto os peques de Infantil xunto cos profes Orlando e Sonia visitamos a libraría Trama para desfrutar e "pasalo pipa" con contacontos, monicreques e trucos de maxia. Despois xogamos un pouco esperando aos maiores e finalizamos todos comendo e paseando por As Termas.