VISITA AO CONCELLO DE PEDRAFITA

Parte de nós estamos traballando a localidade e, concretamente o goberno da localidade; polo que atopamos o pretexto perfecto para baixar ao Concello de Pedrafita e coñecer de primeira man como é o seu goberno. Elvira, a traballadora social do concello foi a anfitrioa perfecta: presentounos ao persoal do Concello e explicounos en que consistía o traballo de cada unha delas, amosounos as dependencias do Concello como edificio dende as oficinas ata o despacho do alcalde e a Sala de Xuntas onde alcalde e concelleiros (que nos explicou que eran 9) se reúnen para traballar sobre diversos aspectos e acordos. Que impresión ver a sala dende a perspectiva do goberno!!

Conversamos sobre os diferentes servizos que ofrece o concello (recollida do lixo, limpeza dos edificios públicos, mantemento das estradas, atención ás persoas maiores, etc.), como podemos solicitar o que nos interese a través dunha instancia, as aldeas que engloba o concello de Pedrafita, os edificios municipais e os que non o son, como eleximos ao gobernó e porque son 9 os concelleiros/as e non outro número e vimos os libros do Rexistro Civil onde aparecemos todos nós rexistrados e rexistradas ata coa hora de nacemento!

Canto aprendemos con esta visita! Ata agora parece máis sinxelo estudar os temas de Sociais! Moitisimas grazas Elvira polo teu tempo e polas túas estupendas explicacións

ENLACE ÁS FOTOS