FORMACIÓN PROFESIONAL: Ciclos con prazas dispoñibles e sen listaxe de espera

No seguinte enlace podes acceder a unha serie de listaxes que teñen unha finalidade exclusivamente informativa. Foron xeradas o 1 de setembro e con posterioridade os datos poden variar puntualmente debido á resolución de reclamacións e recursos ou ao proceso de matriculación da 1ª adxudicación extraordinaria, nelas poderás consultar os ciclos que teñen prazas dispoñibles e non teñen listaxe de espera.

O prazo extraordinario de presentación de solicitudes de setembro está aberto ata o día 8 ás 13:00 horas.

Preme no seguinte enlace para acceder á información:

 

Para máis información podes acudir ao Departamento de orientación.