CHARLA INFORMATIVA SOBRE A USC

Hoxe contamos no centro coa presenza de Javier López González, coordinador do Programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC e profesor na Escola Politécnica Superior do Campus Terra de Lugo que veu acompañado de Fernando, alumno do grado de Relacións Laborais e Recursos Humanos, que esta a realizar o Traballo de Fin de Grado. Nesta charla informóusenos das titulacións que oferta  a USC, do acceso á Universidade, da vinculación entre o bacharelato e os graos univeristarios, dos servizos aos que o alumnado ten acceso (centro de interpretación de linguas, voluntariado, deportes, teatro, ….), da posibilidade de acceder aos programas de mobilidade, das residencias universitarias, das becas do MEC …. e recalcouse a relevancia que a elección vocacional vai ter nas nosas vidas e de que esta debe ser baseada no que nos guste facer, no que nos motive e na que nos atopemos con ganas de aprender e progresar.

Ademais tivemos a sorte de contar con Fernando que nos contou como foi o seu paso do Bachrelato á vida universitario, o enriquecedor que foi asistir a Congresos con outros alumnos e alumnas que cursaban os seus estudos, a motivación que atopa nos seus estudos e de como lle gustaria ser un bo profesional no seu campo laboral, ademais puidemos comprobar como as dificultades se superan e que non debemos poñernos limitacións ata atopar o noso itinerario académico.

Deste xeito acercarnos un pouco máis a vida universitaria, que aínda que parece que está lonxe, xa estamos empezando a percorrer o camiño para chegar a ela.