DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

O Día Mundial de Loita contra o  "BULLYING" ou o "ACOSO ESCOLAR", conmemórase cada 2 de maio. Trátase dunha campaña que busca combater o "acoso escolar" ou "bullying" e o "acoso na internet ou ciberbullying", un grave problema que afecta a millóns de escolares  en todo o mundo e que causa, polo menos, 200 mortes cada ano, xa sexa por homicidio ou por indución ao suicidio cada ano. É dicir, leva a vida de nenos/as e mozos/as en todas partes do mundo. Así mesmo está probado que enferma a miles de estudantes que abandonan os seus estudos ou os soportan con angustia e cansazo coma se dunha cotiá tortura se tratase.

Esta iniciativa nace no ano 2013 a partir da presentación da ONG Bullying Sen Fronteiras, o seu fundador o Dr. Javier Miglino e un equipo multidisciplinario internacional conformado por médicos, educadores, psicólogos, psicopedagogos, xornalistas e pais de nenos e nenas que sufriran bullying e ciberbullying e que consideraron necesaria a creación dunha efemérides mundial que axude á concienciación deste grave problema que afecta a millóns de nenos e adolescentes en todo o mundo.

O TELEFONO CONTRA O ACOSO ESCOLAR do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte 900018018, este recurso gratuíto, atendido por unha vintena de profesionais as 24 horas do día, os 365 días do ano, arrincou o pasado 1 de novembro de 2016. O seu primeiro medio ano de funcionamento coincide coa celebración do Día Mundial contra o acoso escolar este martes 2 de maio.