Charla temática da USC: "Formación para o Traballo e Inserción Laboral"

     Hoxe, xoves, contamos no centro coa presenza de Dº Antonio Rial Sánchez, profesor titular da USC, para ofrecer ao noso alumnado de 3º e 4º da ESO unha charla sobre as formacións regradas e non regradas as que poden acceder cos seus estudos, os distintos niveis de cualificación, a formación profesional de grado medio e grado superior e os estudos universitarios.

   Ademais vimos as relacións entre as necesidades laborais e o sistema produtivo, a relación entre o sistema produtivo e a formación e ademais púxose en valor a cultura emprendedora, vendo as súas características, como debe ser un emprendedor/a .... e as peculiaridades do traballo por conta propia ou conta allea. 

  Aquí un pequeno resumo en imaxes ...