DIA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

Hoxe, domingo día 2 de abril, é o Día mundial de concienciación sobre o AUTISMO. O termo Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) fai referencia a un conxunto amplo de condicións que afectan ao neurodesarrollo e ao funcionamento cerebral, dando lugar a dificultades na comunicación e interacción social, así como na flexibilidade do pensamento e da conduta.

O movemento asociativo do autismo solicita o desenvolvemento efectivo de medidas que promovan a accesibilidade universal da información, das contornas, bens e servizos, garantindo a súa adecuación para as persoas con Trastorno do Espectro do Autismo. Por iso entre tod@s solicitamos o desenvolvemento efectivo de medidas para a eliminación das moitas barreiras que aínda impiden que as persoas con Trastornos do Espectro do Autismo (TEA) poidan gozar plenamente dos seus dereitos.

"Rompamos xuntos barreiras polo autismo. Fagamos unha sociedade accesible"

 

 

  FONTE: http://diamundialautismo.com/difunde-el-dia/