Charla Temática da USC: "A nosa cara e expresión facial como medio de comunicación: unha aproximación á estética facial do século XXI"

Hoxe luns, día 27 de marzo, contamos no noso centro coa visita do profesor da Facultade de Medicina e Odontoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (Departamento de Estomatoloxía), Dº Jose María Suárez Quintanilla, que nos veu falar como o pelo, os ollos, os movementos musculares e as microexpresións son armas poderosas de comunicación. Ademais, o alumando da ESO xunto co profesorado asistente, puido coñecer cales son as diferenzas na comunicación non verbal entre homes e mulleres e como a apreciación estética de cada persoa inflúe na comunicación que mantemos con outros seres humanos.

Así mesmo, mostrounos factores como a simetría, os movementos corporais e a interacción xestual como medio inconsciente de comunicación.

Xa para rematar ofreceunos unha pinceladas de cal foi a evolución facial de homes e mulleres neste último século, poñéndonos como exemplos cousas, recentemente, vistas na nosa viaxe a Atapuerca (por exemplo: “Lucy”, a “Sima dos osos”, “Excalibur, etc)  e os factores sociais (guerras, depresión económica, estatus político) que influíron no que nos gusta e no que non nos gusta. 

Aquí un pequeno resumo en imaxes ...