CHARLA PARA ESO DAS FORZAS ARMADAS

Hoxe, 2 de febreiro, contamos no centro coa presenza do Brigada Carlos Cabada Rodríguez que nos explicou que as forzas armadas españolas están constituídas polo Exército de Terra, a Armada e o Exército do Aire, que traballo desenvolven e como se accede a Profesión Militar: cales son os requisitos de idade, estudos, idiomas ….

Ademais de ver un vídeo no que tres alumnos da ESO pasan un día nunha base militar de terra, da armada e de aire para coñecer máis de preto como se forman e como viven .

Durante o transcurso da charla o alumnado, que estivo moi participativo, realizou diversas preguntas  que xurdiron a raíz das diferentes explicacións, tales como: tempo de permanencia nas forzas armadas, como poder pasar dunha escala a outra, por exemplo de tropa a suboficiais, como conviven os alumnos e alumnas nas academias militares, cales son as probas físicas de acceso as forzas armadas ….  

Aqui podemos ver un pequeno resumo en imaxes ...