OBRADOIRO "QUÉROTE +"

Hoxe, xoves 19 de xaneiro, contamos no noso cole con Xosé, que traballa no centro Quérote+ de Lugo, estes centros dependentes da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, prestan un servizo de información e asesoramento á xuventude galega naquelas áreas nas que poden aportar un maior entendemento social e facilitar o crecemento persoal das nosas mozas e mozos. 

Nesta ocasión, Xosé,  traballou coas alumnas e cos alumnos diversos conceptos relacionados coa sexualidade, afectividade e como ás veces empregamos o alcol para experimentar certas sensacións, para non sentirnos diferentes, para evadirnos de certas preocupacións, para sentir euforia, divertirnos …. E, polo tanto, reflexionamos sobre como estas practicas inflúen negativamente na nosa saúde e que podemos acadar diferentes experiencias e sensacións intensas e novas mediante actividades que implican boas prácticas e que, polo tanto, son beneficiosas para a nosa saúde.

Os alumnos e as alumnas participaron activamente neste Obradoiro, respondendo as preguntas que se lle formulaban e reflexionando sobre as dúbidas que foron xurdindo ao longo da actividade.