CELEBRAMOS O SAMAÍN E O HALLOWEEN NO COLE

Este mércores 31 de outubro celebramos o Samaín e o Halloween no CPI Uxío Novoneira. Ao longo da semana elaboramos os carteis para a decoración do centro e as fixemos as cabazas. 
O mércores empezamos contando contos de medo na biblioteca do centro, fixemos unha roda ao redor dunha cabaza que iluminaba a biblioteca, completamente a escuras. 

A profe Fátima explicounos como se acostumaba a contar as historias de medo nesta noite e parte de nós colaboramos contando algunhas lendas de medo que nos contaron as nosas familias. Podedes ver as fotos na GALERÍA DE IMAXES premendo AQUÍ!!

Pola tarde tivemos sesión de cine de medo. En Secundaria vimos a película de Tim Burton "Sleepy Hollow, o xinete sen cabeza" e en Infantil e Primaria, un vídeo sobre a orixe do Samaín e diferentes cortos de Disney, A bruxa regañadentes, Fiz o coleccionista de medos e Os defuntos falaban Castelao. Se premedes no título dos cortos tedes os enlaces para velos.

Para rematar tivemos a sorte de probar a repostería típica destas festas grazas á profe Margarita que nos fixo diferentes tartas que puidemos probar: de cabaza, de mazá, etc. Moitas grazas Marga polo esforzo!!!