FESTIVAL DE NADAL 2016

Como cada curso chegamos a estas datas con moitas ganas de empezar o descanso que nos dan as vacacións de Nadal, pero non sen antes facerlle unha despedida como se merece ao longo primeiro trimestre: o noso festival de Nadal. Empezamos enviando lonxe os nosos desexos, que esperamos ver cumpridos moi pronto. O noso carteiro sempre nos visita cuns agasallos para facilitarnos esta labor.
A continuación iniciamos o festival no que os pequenos de Infantil por un lado e os nenos e nenas de Primaria cantaron unhas panxoliñas; non podiamos celebrar o Nadal sen elas!! Os rapaces e rapazas de 3º de ESO coa colaboración de Martín de 2º e de Marcos como narrador e dalgúns figurantes de 1º e 4º prepararon un auto co profe Javi, unha boa forma de entrenar as nosas habilidades interpretativas de cara á obra de final de curso.

Unha vez finalizado o festival picamos uns pinchiños coas familias asistentes ata que se iniciaron as actividades que a ANPA organizou para Primaria e Infantil con pinturas, xogos, contos,... e a sesión de cine para ESO. 

Estas son algunhas da fotos que resumen a xornada: