SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2012

A semana do 21 ao 25 de Maio celebramos no centro a Semana das Letras Galegas, que este ano adicamos a Valentín Paz Andrade (Escritor ao que se adica dita conmemoración este ano) e ao 100 aniversario do nacemento de Álvaro Cunqueiro.

As actividades desenvoltas son as seguintes:

- Educación Infantil e Primaria: actividades do seminario Galán sobre a vida e a obra de Paz Andrade e mural sobre este persoeiro galego.

- 2º e 3º ciclo de Primaria: Mural en homenaxe aos 50 anos da publicación da obra de Celso Emilio Ferreiro, "Longa Noite de Pedra" e, en colaboración co alumnado de 3º de ESO a través da área de Tecnoloxía, realizamos un mural elaborado con caixas de CD´s en 

conmemoración dos 100 anos do nacemento Álvaro Cunqueiro.


 


- 4º de ESO: Mural coa biografía de Paz Andrade dende as súas facetas de galeguista, literato, xornalista e empresario.