O ALUMNADO PRIMARIA SUMÉRXESE NO MUNDO DO BARRO E OS TORNEIROS

NÓS OLEIROS e o Oficio de Torneiro: Unha experiencia co barro e a axuda do Mestre Torneiro o Sr. Unzueta.

O barro é coma a platilina, é moi brando e duro e con el pódese facer moitas cousas. Ademáis é de cor marrón, é parecido a terra.

Ser torneiro ten que ser divertido e moi guai. Podes facer co barro o que queiras, xarróns animais, platos e demáis cousas.

Na nosa clase fixemos barro, é unha experiencia increíble. Os torneiros teñen que levar moitísimo traballo para facelo: primeiro ter o torno, ter un bo forno e sobretodo barro.

Primeiro tes que poñer o barro no torno e ir dándolle forma á peza para que se vaia formando a estrutura, unha vez que colla forma, hai que sacar a peza do torno e despois hai que meter a peza no forno, deixala cocer un tempo e despois sacala do forno.

Dá traballo e é complicado, pero tamén ten que ser divertido.

 

Sofía 3º E.P.