O 18 DE ABRIL 6º DE PRIMARIA E TODA A ESO NAVEGAMOS CON RUMBO

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coa Xunta de Galicia, puxeron en marcha o Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo, unha iniciativa encamiñada a rapaces e rapazas naveguedes con tino pola Rede, é dicir, con seguridade, evitando o ciberacoso e outros riscos de Internet. Nestas visitas aos centros pretenden que vos fagades conscientes da necesidade de facer un uso responsable das novas tecnoloxías.

A Internet é divertida e útil. Nela podemos buscar información para realizar traballos, coñecer e comunicarnos cunha chea de persoas ou divertirnos xogando. Hai un principio que nos trasmiten: non fagas en Internet nada do que non farías na túa vida real. 

A comunicación humana evolucionou nas últimas décadas como nunca o fixera. Tamén nos nosos fogares e nos centros educativos a Internet se converteu nunha ferramenta imprescindible coa que comunicármonos, educar e traballar.

A Internet representa un mundo de posibilidades para o lecer e a aprendizaxe pero tamén supón unha serie de riscos, como son os contidos inapropiados ou a facilidade de contacto con persoas que non son sempre o que semellan ou din ser. 

Por se necesitades máis información quedan aquí as guías para que alumnado e familias naveguen con rumbo: