FESTIVAL DE FIN DE CURSO

Como cada ano o noso"profe para todo" Javi preparou co alumnado de ESO unha pequena obriña para o festival de Fin de curso, este ano tocou unha comedia, aínda que como el mesmo admite é bastante xeneroso calificar esta peza como tal, senón que máis ben farsa sería máis atinado polo absurdo de moitas situacións. A realidade e que tanto actores e actrices como público, pasámolo fenomenal. Salomé ou perdendo a cabeza é título da obra, e Anita de 4º a antedita Salomé, acompañada por todo o alumnado de 4º e 3º de ESO, ademais do prólogo preparado por Marta e Soraya de 2º de ESO con todo o ánimo do mundo.

Tras o teatro chaegaron os Stop Motion de Primaria e Infantil e para finalizar os profes de Primaria, Fátima, Juan e Lucía tiñan unha sorpresa preparada, un pequeno baile para despedir a Ana, a nosa dire que nos deixa este ano. Aquí vos queda o noso festival en fotos e algún vídeo: