PROGRAMA DO FESTIVAL DE FIN DE CURSO

O venres 19 de xuño para pechar o curso 2014-15 como se merece celebraremos o FESTIVAL DE FIN DE CURSO ao que TODAS AS FAMILIAS ESTADES INVITADAS.

O festival terá lugar no comedor do centro e comezará sobre as 12:30 horas. O programa de actividades será o seguinte:

- 12:30 Comedia en 5 actos e un prólogo: "Salomé ou perdendo a cabeza" do alumnado de 2º a 4º de ESO, organizada por Javi o noso secre e profe de Música e Sociais.

- 13:45 Proxección dos Stop Motion elaborados polo alumnado de infantil e primaria axudados polos profes Ana, Fátima, Juan e Lucía.

- 14:00 Actuacións de Primaria.

Unha vez acabadas as actividades preparadas daremos paso á sesión de karaoke, que recuperamos de novo este festival.

Recordade que as horas das actuacións son aproximadas, xa sabedes, son cousas do directo. CONTAMOS COA VOSA PRESENZA.