VISITA AOS CICLOS DE FP EN LUGO E INICIACIÓN A PÁDEL

Hoxe 28 de maio as rapazas e rapaces de 3º e 4º da ESO madrugamos especialmente para poder ir a Lugo a vivir unha intensa mañá de percorrido polos Centros Integrados de FP de Lugo. Ás 9:30 xa estabamos nas Mercedes acompañados pola Xefa de Estudos Rocío e Cristina, a Orientadora. En só unha hora coñecimos a oferta formativa do centro e visitamos as aulas e obradoiros de Mecánica, Comercio, Instalacións de Frío e Eficiencia Enerxética. Despois, a orientadora do Politécnico recibiunos para presentarnos algúns dos moitísimos ciclos que oferta este centro: Educación Infantil (ciclo superior pero no que unha de nós está interesada), Farmacia, Auxiliar de Enfermería (onde algúns case nos mareamos), Axuda a Persoas Dependentes, Mecanizado,...

O último dos CIFP foi o Muralla Romana na Piringalla, a pesar de que case non chegamos!! Visitamos as aulas de Peiteado e Estética, Administrativo e Informática antes de que o profe de EF, Bruno, nos levase ao "+q padel" onde recibimos unha clase práctica na que se demostrou que temos dotes para este deporte e onde nos trataron fenómenal e incluso nos invitaron ao postre. Coas cabezas cheas de información regresamos a Pedrafita para poder reflexionar con máis calma. Aquí podedes ver algunhas fotos da xornada: