CONVIVENCIA CO CEIP DE AS NOGAIS

Mentras os maiores ían a Lugo a ver A Esmorga (3º e 4º de ESO) e a visitar a catedral de Lugo e a Muralla Romana (1º e 2º de ESO) para acabar no centro comercial de As Termas comendo unha pizza ecolóxica, os pequenos de Infantil e Primaria repetimos convivencia coma o ano pasado co CEIP de As Nogais que nos invitou a compartir un día de xogos, música e uns deliciosos pinchos. Tivemos un obradoiro de instrumentos músicais e aprendimos un pouco máis sobre o béisbol, pero sobre todo forlecemos os nosos lazos de amizade. Podedes ver máis fotos na GALERÍA DE IMAXES.