VISITA A SOTAVENTO

Tanto pequenos como maiores visitamos hoxe 2 de decembro o parque eólico de Sotaventona "Serra da Loba", a 10 Km. ao sur de As Pontes de García Rodríguez, entre os termos municipais de Xermade (LUGO), e Monfero (A CORUÑA),e a unha altitude entre 600 - 700 m, preto do que estamos habituados. Alí puidemos ver e nalgúns casos tocar ou experimentar: un muíño de vento (un segredo, aprendimos que se moven se o aire lles sopra no nariz), unha casa bioclimática (non quedou ninguén que non se quedaría cunha como aquela, ata os e as profes), un coche eléctrico, motores aerodinámicos,... tomamos conciencia da importancia 

dun bo uso da enerxía na nosa vida diaria e coñecimos algúns dos avances máis importantes en materia enerxética. E os máis pequenos volvimos cun estupendo regalo: a nosa propia cometa para facela voar en canto pare a choiva!

Podedes ver máis fotos na nosa GALERÍA DE IMAXES.