HISTORIAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO (3º-4º ESO)

Son Sara e cos vinte anos que teño só quero unha nova oportunidade para recomezar unha vida co meu neno.
Fai cinco anos un día máis de febreiro, estaba na casa, sentada, vendo a tele e chateando co móbil. De súpeto, entroume unha mensaxe dun número que non tiña rexistrado, eu contesteille e pregunteille quen era; díxome o seu nome e empezamos a chatear. Co paso do tempo fomos facéndonos cada vez máis amigos, e empezamos a querernos.

Un día quedamos e coñecémonos en persoa, empezamos a saír; eu aínda estaba no instituto e poucas veces podía estar con el, así que, en canto acabei a ESO fun vivir con el. Eu quería seguir estudando pero entón quedei embarazada. Tiven ao meu fillo con 17 anos, dende aquela todo cambiou.

Cando lle din a nova o primeiro que fixo foi esixirme que abortase, porque sostiña que o neno arruinaría a súa vida. Deixei que pasara o tempo e esperei a que o meu fillo nacese, a ver se así cambiaba de idea, pero non foi así. 

Unha noite chegou de traballar, era tarde e eu estaba rematando de durmir ao neno. Entrou furioso e empezou a berrame e a legarme; logo pediume perdón. Fun deitarme e á maña seguinte, cedo, erguinme e voltei á casa de meus pais co meu neno. Demandeino e detivérono; nunca volvin saber del.

Ana Aira (4º ESO)

 

Estaba paseando pola rúa un día, pensando nas miñas cousas, cando de súpeto, diante miña escoitei a unha parella duns 17-18 anos discutir con ton moi elevado. Eu ía cara o súper comprar algo, pero non tiña presa, así que fun despaciño para enterarme de cómo acababa a historia. A rapaza estaba case chorando e o rapaz cada vez lle berraba máis. Ó pouco aparece por alí un amigo do rapaz e vanse os dous tomar algo. A rapaza quedou soa chorando, deume pena e acerqueime a ela para consolala, pero non paraba de chorar. Cando por fin parou, estivemos falando e contoume que a maltrataba tanto física como psicoloxicamente; eu aconselleille que o deixara, pero ela dicía que o quería moito. Quedou a cousa así.

Ao cabo de tres días vezo no xornal que unha rapaza falecera por violencia de xénero e había unha foto. Dinme conta de que era a rapaza do outro día. Quedeime pensando que se cadra puidera ter feito algo máis.

Miguel (4º ESO)

CRÓNICAS DUNHA MODELO

Acabo de volver dun casting dun novo anuncio, eu non quería ir pero miña nai insistiume dicíndome que o meu futuro estaba en xogo, que a miña carreira se lanzaría e poderiamos vivir como ela sempre quixo.
Que tontería! Pero cando pensei que ela sacrificara o seu traballo para converterse na miña representante e axudarme a mellorar o meu corpo e a miña imaxe, crin que llo debía.
Ao día seguinte chamáronme, tiña o traballo. Só por esta vez, non quería 

Rocío 3º ESOentrar nese mundo. Pero non foi así, enganeime a min mesma, miña nai obrigoume a seguir presentándome, eu non sabía cómo dicirlle non, seguíame presionando e co tempo deime conta de que este era o meu futura...
Cinco anos despois...
Agora arrepíntome tanto tanto daquela decisión, de deixarme dominar polos desexos de miña nai, sinto que todos me miran coma se fose un obxecto desta sociedade, que so me invitan a festas e acontecementos para que haxa unha cara bonita e non polo que realmente son, unha rapaza que quere que a traten como aos demais, que poida ir ao parque sen que as demais rapazas me pregunten cómo consigo ter a miña figura. O que non saben e do que máis me avergoño é que teño que controlar cada gramo de comida que como.
Desexaría volver ao pasado e non acudir a ese casting co que desperdiciei a miña adolescencia.

Rocío 3º ESO