CELEBRACIÓN SIMULTÁNEA DE SAMAÍN-HALLOWEEN-MAGOSTO

 

 

 

 

 

 

 

O xoves 13 de novembro, case coincidindo co San Martiño, celebramos o Magosto e conxuntamente o Samaín e Halloween. Empezamos coa actuación dos pequenos de Infantil que nos contaron con moita gracia o conto "Corre, corre cabaciña".

Seguimos coa actuación musical de Infantil e Primaria que nos levou a todos ao mundo dos zombies con "Thriller" de Michael Jackson. 

Coa axuda da profe Marisa, Ana e Uxía de 4º entrevistaron á Santa Compaña que non eran outros que os alumnos e alumnas de 1º de ESO.
2º de ESO escenificou unha breve historia dun ourizo e unha castaña e pasamos aos Xogos Populares para os pequenos e a unha Ghymkana para ESO organizada polas profes da Sección Bilingüe, Mari e Cris, e de Lauren (a nosa auxiliar de conversa).
Pechamos a xornada coa degustación de chourizos e castañas que con moito agarimo nos prepararon Marcos, Jose M. González e Jose M. Rodríguez de 1º de ESO

GALERIA DE FOTOS DE SAMAÍN E MAGOSTO
.