DIA DA BIBLIOTECA

Mañá venres 24 de outubro celebraremos o día da Biblioteca no noso cole. Presentaremos os nosos libros favoritos e despois veremos unha película pola tarde "El guardián de las palabras" cunha interesante historia que se desenvolve nunha misteriosa biblioteca. Ollade o tráiler e a reseña cinematográfica:

Ademais tamén montamos a nosa biblioteca de recomendacións cos nosos libros favoritos, cada alumno e alumna e tamén boa parte dos profes fixemos a nosa reseña bibliográfica recomendando un dos nosos libros ou contos favoritos. 

Aquí queda A GALERÍA DE FOTOS desta merecida homenaxe este enriquecedor e valioso espazo co que temos a sorte de contar no centro.

Aquí vos deixamos unha frase de Pérez Reverte  para pensar:

"Unha biblioteca é un proxecto de vida que nunca chegará a culminarse todo. Iso é o triste e o fascinante".