RESULTADOS DA ENQUISA SOBRE O USO PROBLEMÁTICO DE INTERNET ENTRE OS ADOLESCENTES

O valedor do pobo remitiu ao Centro os resultados da enquisa cuberta de forma anónima polo alumnado de ESO no mes de maio. O informe completo pode consultarse no centro.
RESUMO:

  • O 61,5% do alumnado do centro utiliza Internet a diario. o 8,3% conéctase máis de 5 horas diarias (16,7% na fin de semana).

O 92,3% dispón de móbil e o 91,7% está rexistrado nalgunha rede social (o 25% en máis de 3).

  • O móbil é a principal vía de acceso a Internet (75%) seguido do portátil (50%).
  • Só o 41% dos pais controla o uso de internet que fai o seu fillo/a (o 25% no caso dos móbiles).
  • O 8,3% ten discusións frecuentes na casa por mor de Internet e do móbil.
  • Debido ao reducido tamaño da mostra (13 alumnos/as) non se teñen detectado usos perigosos no último ano (sexting, ciberbullyng,...).
  • Polo mesmo motivo, o nivel de risco de adicación a Internet é baixo ou moderado (o 100% está a facer un uso axeitado da Rede).
  • En calquera caso, o reducido tamaño da mostra fai que estes resultados se consideren con cautela.