FESTIVAL DE FIN DE CURSO 13-14

Hoxe despedimos o curso co noso esperado e habitual festival de fin de curso, porque sempre o facemos por todo o alto como a ocasión o merece. Empezamos sobre as 12 horas con toda a marcha e diversión do mundo, xa que a profe Lucía preparou unha serie de actuacións musicais co alumnado de Infantil e Primaria:

- Pocoyó e Dora Exploradora con Infantil.
- Os Picapedra e Os Pitufos con 1º, 2º e 3º de Primaria. Que marcha!!
- Espectacular o baile de 4º, 5º, 6º coa compaña de Carla de 2º da canción de Phineas e Ferb "Gitchi Gitchi Goo".

Despois o profe Javi coa compaña de Rocío e Javi de 2º de ESO relaxáronnos despois de tanta marcha coas frautas e as cantigas de Santa María.

O prato forte foi a comedia en cinco actos "Just Girl" organizada polo profe Javi Rey e coa axuda de Marisa e interpretada polo alumnado de 3º e 4º de ESO, que se desenvolve en Esteiro cara finais de xuño unha noite entre venres e sábado chea de encontros e desencontros, uns máis e outros menos afortunados, de sorpresas e enganos, de confesións e descubrimentos, de intencións encubertas cun sorprendente final. Máis dunha hora de risas e diversión.

O postre foi novamente musical con todo o alumnado de Infantil e Primaria bailando a Muiñeira de Lugo perfectamente caracterizados coa indumentaria que a ocasión demanda grazas a todo o traballo da profe Fátima que coseu todos os traxes que puidemos lucir.

E o broche final a proxección do "slow motion" elaborado por 6º de Primaria coa profe Lucía da princesa do Courel, precioso e cánto traballo rapaces e rapazas!! Agora toca descansar, bo verán e pasade pola GALERÍA DE FOTOS.