VISITA A MARCELLE


Onte 19 de xuño tivemos a última saída do curso. Todas e todos visitamos o parque zoolóxico de Marcelle moi preto de Lugo. Nesta reserva da biosfera puidemos ver canguros, xabaríes, osos, bisontes, cebras, dromedarios, pavos reais, avestruces, monos,... e ata o reno de Papá Noel e incluso UNHA PITÓN ENORME!! 

Despois de comer continuamos a visita antes de ter os obradoiros e a obra de teatro. Os maiores, e incluso algúns do 2º ciclo de Primaria fixemos tiro con arco. Que perigo!! Menos mal que afinamos puntería!! 

Na GALERÍA DE IMAXES quedan algunhas fotos desta xornada na natureza.