PROXECTO MOCIDADE NA REDE

Dende a Conselleria de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en colaboración co Valedor do Pobo acábase de poner en marcha un proxecto co que se pretende abordar de maneira seria e responsable un problema que está a espertar cada día maior interese social: o uso que os menores fan de lnternet e as Novas Tecnoloxías.
Co apoio de ambas institucións expertos da Universidade de Santiago e da AMTEGA desenvolveron unha plataforma online que vai permitir dispor dun coñecemento rigoroso do problema,achegándonos a todos os estudantes de E.S.O. da comunidade galega.
A recollida da información consistirá na cumplimentación telemática por parte do alumnado dun breve cuestionario, durante a segunda quincena do mes de maio, nos centros e será cuberto de maneira individual e sempre garantindo o anonimato e a confidencialidade das respostas xa que en ningún momento se lles pedirá ningún tipo de dato persoal ou identificativo.