SAÍDA CASA ÁNXEL (Granxa ecolóxica en A Pastoriza) E VISITA AO MUSEO E CASTRO DE VILADONGA

Xa tedes na GALERÍA DE IMAXES as fotos da nosa saída á zona de A Pastoriza para visitar unha granxa ecolóxica, Casa Ánxel, onde nos ensinaron as diferentes dependencias e espazos que precisan para traballar, as condicións que deben reunir, como é o proceso de producción, as dificultades que atopan, os beneficios das produccións ecolóxicas, como se consegue unha denominación de orixe para un produto, ... e moitas cousas. Finalizamos a visita cunha degustación dos diferentes queixos que elaboran: o plano, o de tetilla, o San Simón ecolóxico e o afumado. Os profes decántase polo afumado pero os rapaces e rapazas parece que prefiren o plano.

Como a choiva non nos deixou durante a comida, dirixímonos a Meira para tomar os nosos bocatas a cuberto antes de visitar o Castro de Viladonga que Javi nos explicou de forma moi amena e divertida. Antes de saír de novo cara Pedrafita visitamos o museo onde se podían ver os diferentes restos atopados no castro e diferentes maquetas do castro e da vida nel.