VISITA A LUGO: FUNDACIÓN TIC E FUNDACIÓN NOVACAIXAGALICIA


Todo o centro visitamos Lugo para facer diferentes actividades, a cada unha máis divertida:

- Os maiores visitamos a fundación TIC onde Anita, Uxía, Martín, Vanessa e o profe Juan se convertiron en presentadores/as de telediario. Calquera día chámanos da tele do ben que o fixeron!!

- Os pequenos visitamos a Fundación Novacaixagalicia onde vimos unha exposiciòn fotográfica de animais sobre a que fixemos moitas actividades e uns preciosos debuxos.

Pola tarde, despois de comer no parque cerca do centro comercial das Termas, paseamos, fixemos algunha compra e montamos nas atraccións antes de volver para Pedrafita de novo.

Non vos perdades as fotos na GALERIA DE IMAXES, non  teñen desperdicio!!