EXPOSICIÓN ORGANIZADA POLO EDLG: "A POESÍA, A AUGA E AS ÁRBORES COMO FONTE DE INSPIRACIÓN"

A intención deste pequeno traballo é facer consciente ao alumnado de que todos levamos un poeta ou unha poetisa dentro e que a poesía está en todas as partes e que podemos traballar con ela e creala en todas as linguas, por iso temos poemas sobre os temas que a cada rapaz ou rapaza lle interesa, en lingua galega, castelá, francesa, inglesa,...

O alumnado de Infantil e Primaria xa crearon os seus propios poemas que están expostos no taboleiro e agora poden levar para a casa libros de poesía. O alumnado de ESO tamén elaborará os seus propios poemas en breve para deleitarnos a todas e todos.