DIA INTERNACIONAL DA MULLER 2014: As tarefas do fogar cousa de todas e de todos

Este ano o 8 de marzo adicouse ás tarefas do fogar para rendir unha homenaxe ás mulleres que durante tantos anos se adicaron a estas tarefas tan necesarias, e moitas veces pouco valoradas e recoñecidas. Con Educación Infantil traballamos coa páxina de PELAYO As tarefas do fogar e acabamos aprendendo a poñer a mesa despois de aprender moito sobre estas tarefas co encerado dixital. 

Con Primaria e ESO vimos primeiro un vídeo sobre "O SONO IMPOSIBLE??" de compartir as tarefas do fogar que podedes ver en Youtube e logo un pequeno vídeo elaborado coa colaboración de Patricia de 5º de Primaria e os dous rapaces de 1º de ESO no que se reflexiona sobre a pouca valoración das tarefas do fogar:)

 

Despois todo o alumnado de Primaria e ESO participou nunha Gymkhana por equipos de tarefas domésticas, no que tiñan que pasar por diferentes probas:

MESA DE LIMPEZA: varrer unha clase

MESA DE COCIÑA: Bater un ovo, facer unha tortilla francesa e con ela un bocadillo e fregar todo o manchado.

MESA DE COSTURA, DOBRADO E PRANCHADO: Coser un botón, dobrar unha camiseta, pranchar un pano e tender roupa.

MESA DE COIDADOS DO BEBE: Poñer un cueiro e facer unha papilla. 

Na GALERÍA DE IMAXES poden verse as fotos deste día.

E como recordo do día todos e todas levamos un carné profesional de tarefas do fogar.